Irmandade de festas Santa Ana Beade

Coñécenos

A lrmandade de Festa de Santa Ana é unha organización sen ánimo de lucro de caracter cultural e festivo, fundada oficialmente no ano 1982 co obxetlvo de poder dar continuidade as tradicionais festas da parroquia de Beade – Vigo, converténdoas así nunha das festas mais atractivas da comarca de Vigo e da provincia de Pontevedra.

30+ Speakers

Dmply dummy text the printin typeseng industry's standard

Campana beade - Fiestas de Santa Ana Beade

O toque de campá

Dentro da programación dos catro días de festa que se celebran, un dos momentos máis esperados polo público é o toque manual de campás combinado co volteo da campá maior, realizado polos integrantes da irmandade.

Actualmente, coas novas tecnoloxías, as campás quedaron un pouco no esquecemento. Porén, se nos remontamos uns anos atrás (tampouco moitos), eran as voces do rural. En Galicia, as campás tamén serviron de inspiración a varios escritores como Eduardo Pondal, Cunqueiro ou Rosalía de Castro. Quen sabe se algún día as de Beade inspirarán a alguén?

Cada zona ten a súa propia linguaxe, mediante diferentes toques, pero todas co mesmo obxectivo: informar ós veciños. Foi por iso que en 2022 a UNESCO declarou o toque manual das campás como patrimonio cultural inmaterial da humanidade.

Certo é que en Beade non se tocan de forma manual sempre, pero polo menos durante estes catro días de festa si.

O centro de atención do campanario é a campá máis grande, situada na fachada da igrexa. Foi fundida por Campanas Quintana en Palencia e sufragada coa achega dos veciños de Beade. Faise "voar" tres veces ao día durante os catro días de festa, todo un espectáculo tendo en conta que en toda Galicia se poden contar cos dedos dunha man os sitios onde se segue conservando o volteo de campás.

Unha curiosidade que temos é saber desde que ano se leva facendo. Preguntámoslle a moita xente e mesmo aos máis vellos xa lles falaban disto os seus avós, así que podemos estar falando duns 200 anos de tradición.

Polo tremendo valor patrimonial que temos, é polo que todos os anos consegue abrirse un espazo na prensa local e mesmo autonómica.

Carteis anunciadores

Aquí tedes unha recopilación dos carteis anunciadores da nosa festa